ESTRATEXIA DE ESPECIALIZACIÓN INTELIXENTE DE GALICIA para o período 2021-2027 (Enquisa á poboación galega)

Desde a Xunta de Galicia levamos meses recollendo a opinión (mediante entrevistas, mesas de traballo e reunións interdepartamentais) de axentes sociais e expertos en diversos eidos de coñecemento para elaborar a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia 2021-202, coñecida como a RIS3 Galicia 2021-2027.

Nese afán, para que todos sexamos partícipes deste futuro Plan de Innovación que nos vai permitir transformar Galicia, queremos recoller a túa opinión neste breve cuestionario dirixido a toda a sociedade galega.

Sexa cal sexa o teu nivel de coñecemento sobre innovación, queremos saber o teu parecer sobre estas cuestións, polo que che agradecemos que nos dediques uns minutos.
1.Canto dirías que sabes de Investigación e innovación?

(Escala de 1 a 10 onde 1 é “Nada” e 10 “Moito”; 99 = Ns/Nc)
2.E coñeces, ou tiñas escoitado falar antes, da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3)?
3.A continuación, e segundo as túas percepcións, indica cales pensas que son as prioridades sociais de Galicia na vindeira década.

(Sinala un máximo de 3 prioridades e ordénaas de máis a menos importancia):
4.E, se tiveras que identificar as fortalezas coas que conta Galicia para facer fronte a esas prioridades, cales dirías que son?

(Sinala un máximo de 3 fortalezas e ordénaas de maior a menor intensidade):
5.En relación con cada un dos seguintes aspectos, que importancia dirías que ten a investigación e a innovación á hora de afrontalos?

(1=Nada, 2=Pouco, 3=Bastante 4=Moito 9=Ns/Nc)
Escala
Problemas económicos de Galicia (creación de emprego, novas oportunidades laborais, favorecer a creación de empresas...)
Desafíos sociais (saúde, calidade de vida de maiores, envellecemento activo, inclusión de colectivos desfavorecidos)
Desafíos do medio ambiente (cambio climático, esgotamento de recursos naturais, sustentabilidade, etc.)
6.E canto consideras que poden contribuír a investigación e a innovación a resolver estes desafíos?

(1=Nada, 2=Pouco, 3=Bastante 4=Moito 9=Ns/Nc)
Escala
Problemas económicos de Galicia (creación de emprego, novas oportunidades laborais, favorecer a creación de empresas...)
Desafíos sociais (saúde, calidade de vida de maiores, envellecemento activo, inclusión de colectivos desfavorecidos)
Desafíos do medio ambiente (cambio climático, esgotamento de recursos naturais, sustentabilidade, etc.)
7.Xa para rematar, e centrándonos nas principais áreas nas que se investiu en investigación e da innovación en Galicia nos últimos anos, indica que grado de relevancia consideras que seguen a ter nesta próxima década.

(1=Nada, 2=Pouco, 3=Bastante 4=Moito 9=Ns/Nc)
Escala
Recursos vencellados ao mar (pesca, acuicultura, enerxías renovables do mar, etc.)
Industrias e actividades de fabricación (automoción, naval, aeroespacial, fabricación de materiais, bens de consumo, etc.)
Saúde, calidade de vida e envellecemento activo
Recursos vencellados ao territorio (agroalimentación, forestal, enerxías renovables da terra, turismo e patrimonio, etc.)