Screen Reader Mode Icon
Dende o Concello de Tomiño, ven de pórse en marcha un Proceso Participativo destinado a identificar as principais fortalezas e feblezas existentes no municipio e na súa Área de Influencia, para poder realizar así, unha análise o mais acertada posible da nosa realidade territorial, e poder dar forma a redacción dunha Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) . É por isto, que a implicación da veciñanza para dar a súa opinión sobre as prioridades nos investimentos de Tomiño e a súa Área de Influencia, será determinante para definir as futuras liñas estratéxicas de inversión.
Aparte de tratarse dun cuestionario anónimo, debe saber que todos os datos recabados serán tratados con total confidencialidade e privacidade; o tratamento dos mesmos, será responsabilidade da empresa encargada da elaboración da consulta ligada á redacción da EDIL, empregándose unicamente de xeito estatístico segundo a LOPD. As cookies que emprega esta páxina, son utilizadas para mellorar a experiencia da persoa usuaria, e mellorar a capacidade analítica da propia ferramenta. Pode consultalas na seguinte ligazón: privacidade de SurveyMonkey
Agradecéndolles de antemán o seu interese e colaboración, pregámoslle que cubra e difunda -se así o entende- o presente cuestionario online.
0 de 12 respondidas
 

T