Screen Reader Mode Icon

Consulta á poboación para a definición de prioridades de actuación

Dende o Concello do Barco de Valdeorras, ven de pórse en marcha un Proceso Participativo destinado a identificar as principais fortalezas e debilidades existentes do municipio e da súa área de influencia. Elaborase coa intención de poder realizar unha análise o mais acertada posible da nosa realidade territorial, de cara a poder dar forma a redacción da Axenda Urbana e Rural de O Barco de Valdeorras, pensando tanto en clave municipal, como na da súa área de influencia e . A implicación da veciñanza, coñecer a súa opinión sobre as prioridades nos investimentos, pensado no conxunto da comarca, será determinante para definir as liñas estratéxicas de inversión.
Aparte de tratarse dun cuestionario anónimo, debe saber que todos os datos recabados serán tratados con total confidencialidade e privacidade; o tratamento dos mesmos, será responsabilidade da empresa encargada da eleboración do proceso participativo ligado á Diagnose da AU,  empregándose unicamente de xeito estatístico segundo a LOPD. As  cookies que emprega esta páxina, son utilizadas para mellorar a experiencia da persoa usuaria, e mellorar a capacidade analítica da propia ferramenta. Pode consultalas na seguinte ligazón:  privacidade de SurveyMonkey
Agradecéndolles de antemán o seu interese e colaboración, pregámoslle que cubra e difunda -se así o entende- o presente cuestionario online. 
 
0 de 12 respondidas
 

T